O Concello organiza a festa prometida para todos os nenos e nenas polo seu bo comportamento durante a pandemia 29/06/2021
O Concello organiza a festa prometida para todos os nenos e nenas polo seu bo comportamento durante a pandemia
- A "Festa Destronavirus" comezará este sábado, 3 de xullo, na Ponte do Porto e irá desprazándose por todas as parroquias, coincidindo coas festas patronais de cada una.
- Os inchables serán totalmente gratuítos.
O Concello de Camariñas cumpre a promesa feita pola alcaldesa, Sandra Insua, e organiza a ‘Festa Destronavirus’, unha gran celebración para todos os nenos e nenas do municipio polo seu bo e exemplar comportamento durante a pandemia.
A festa comezará este sábado, 3 de xullo, na Ponte do Porto pola festividade do San Pedro. De 18 a 21 horas instalaranse no paseo fluvial inchables totalmente gratuítos.
Este modelo repetirase por todas as parroquias, coincidindo coas festas patronais de cada unha. O sábado 17 de xullo será en Camariñas, o domingo 18 de xullo en Santa Mariña, o domingo 1 de agosto en Camelle, o domingo 15 de agosto en Xaviña e, por último, o domingo 22 de agosto en Arou. Os encargados da realización de cada festa son empresas locais.