O Concello de Camariñas publicou no seu taboleiro de anuncios as bases para a contratación de 4 socorristas: https://bit.ly/3wz76iU
Poderán presentarase as persoas incluídas na listaxe remitida pola Oficina de Emprego de Cee, e que deben estar anotadas co código bañista-socorrista 59921017, categoría profesional 00, técnico e sen categoría laboral determinada, antes de mañá, martes 15 de xuño.
Para máis información:
- Oficina de emprego, pidindo cita por teléfono no 881 880 480.
- A orientadora laboral do Concello de Camariñas, 981 737 004 - 653 260 746.