Aínda que a maioría da hostalería aparece en webs de reservas, moitos visitantes diríxense ao servizo de Información Turística do Concello para informarse da oferta de aloxamentos e restaurantes. O servizo ofrécelles a guía da web municipal para que podan contactar cos establecementos. Por isto, é importante que os hoteis, Vivendas de Uso Turístico, restaurantes e bares actualicen a información (contacto, fotos, prezos, servizos, cartas, ... ) e que as empresas que non están na guía se dean de alta.
Tanto para darse de alta como para actualizar datos, unicamente hai que remitir ao correo turismo@camarinas.net
a folla de ALTA / ACTUALIZACIÓN DE DATOS que pódese descarga máis abaixo, xunto con fotos do establecemento.
A guía de aloxamentos pode consultarse en https://bit.ly/3x2aJOv , e a de restaurantes en https://bit.ly/34VQuGb