O Concello

Departamentos

* BANDO SAN XOAN 08/06/2021

BANDO SAN XOAN

DONA SANDRA INSUA RIAL, ALCALDESA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS (A CORUÑA).  

FAI SABER:  

Á VECIÑANZA que teña intención de facer fogueiras no San Xoán en espazos privados así como os LOCAIS DE HOSTELERÍA que desexen facer grelladas deberás facer unha comunicación previa no Concello  

O prazo de presentación das solicitudes de autorización rematará ás 14 horas do 21 de xuño.  

Deberán cumprirse as seguintes medidas:  

  • A normativa COVID e a de incendios.
  • Para as fogueiras: 
  1. Na zona urbana non excederán os 3 metros de perímetro e 1 metro de alto.
  2. No rural non excederán os 6 metros de perímetro e 3 metros de alto. 
  • Para as grelladas:
  1. O lume farase sempre sobre unha grella
  2. Non se interromperá o habitual paso de peóns nas beirarrúas.
  • Haberá xente sempre ao lado do lume. Haberá auga preto.
  • Non se botarán ao lume pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, gases a presión ou similares. ·       
  • Unha vez rematada a fogueira ou a grellada, apagarase e deixarase todo limpo.
  • As persoas responsables teñen que ser maiores de idade e facerse responsables dos arredores.
  • Atenderase sempre as indicacións de P. Civil e Policía Local.   

Se non se poden garantir as medidas de seguridade e prevención de incendios o Concello de Camariñas poderá denegar a autorización.

A 8 de xuño de 2021.
A alcaldesa, Sandra Insua Rial

Descargas relacionadas


© by Abertal