Aberto o prazo de pre inscrición nas actividades deportivas de verán - ACTUALIZACIÓN LISTAXES - 28/06/2021 08/06/2021
Aberto o prazo de pre inscrición nas actividades deportivas de verán
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Aberto o prazo de pre inscrición nas actividades deportivas de verán, obrigatorio facer a pre inscrición, para máis adiante poder tramitar a inscrición definitiva. Os xeitos de facer a pre inscrición son:
1) Email a deportes@camarinas.net, cos seguintes datos:
- Nome e apelidos de pai ou nai, titor/a legal
- Tfno, email de contacto
- Enderezo onde se reside
- Indicar se están empadrodos no Concello de Camariñas, ou se son persoas que cursan nalgún dos centros educativos do Concello de Camariñas
- Datos das persoas interesadas (participantes):
- Datas de nacemento
- As quendas e actividade na que se desexen participar cada unha das interesadas no suposto de ser máis de unha.
2) Cubrir o formulario de google correspodente:
a) Actividades acuáticas:
https://forms.gle/bBaRXb2YbT4RZNHw9 b) Obradoiro de Tempo Libre:
https://forms.gle/x75e4CRSW6iCgo1q83) Presencialmente no Concello cubrindo un documento e
obriagotoriamente, entregalo en rexistro.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PRE INSCRCIÓN (10 - 16 XUÑO)É OBRIGATORIO TRAMITAR A PRE INSCRICIÓN NAS QUENDAS QUE SEXAN DO SEUINTERESE PARA PODER POSTERIORMENTE REALIZAR A INSCRICIÓN DEFINITIVA.
Non se farán grupos no Obradoiro de Tempo Libre se non hai 10 ou máispre inscricións por grupo de idade :
- Infantil (2017, 2016, 2015)
- Primaria:1º-2º (2014, 2013)
- 3º-4º (2012, 2011)
- 5º-6º (2010, 2009).ESO (2008, 2007, 2006)
Non se farán grupos na Actividade Acuática se non hai 10 ou máis preinscricións por quenda.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
QUENDAS OU TURNOS E HORARIOS- 1ª Quenda: 5-19 xullo.
- 2ª Quenda: 20 de xullo-2 de agosto.
- 3ª Quenda: 3-16 agosto.
- 4ª Quenda: 17-30 agosto.
Ambas actividades de 10-13´30h
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
NÚMERO DE PRAZAS E ORDE DE PREFERENCIAHaberá dispoñibles 24 prazas por quenda nas ACTIVIDADES ACUÁTICAS.
OBRADOIRO DE TEMPO LIBRE, estarán dispoñibles 80 por quenda.
ORDE de PREFERENCIA no suposto de recibir máis pre inscricións que prazas:
- a) Empadroados no Concello de Camariñas.
- b) Non empadroados que cursen nos colexios do Concello.
- c) Resto de persoas interesadas.
No caso de que as pre inscricións superen o límite de prazas previsto, estas asignaranse atendendo estritamente á orde depreferencia establecido no punto anterior. Para o caso de que sexa preciso determinar a asignación de prazas nalgún dosgrupos de preferencia, realizarase un sorteo para a ocupación das mesmas.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
TAXAS
Obradoiro: 20€ quenda. Renovación 10€. Bonificación para o 2º membro 50%.
Resto de membros 100% bonificados igual que beneficiarios de RISGA.
Act.Acuática: 30€ quenda. Segundo membro 18€, 3º membro 12€, 4º ou máis membros 6€.
Máis licenza a tramitar polas persoas interesadas.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROTOCOLOS COVID-19
SERÁ DE OBRIGADO CUMPRIMENTO OS PROTOCOLOS DOCONCELO DE CAMARIÑAS PARA PODER PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES. ESTARÁN COLGADOS NA WEB.
www.camarinas.net
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
HORARIOS DAS ACTIVIDADES:
ACT. ACUÁTICAS: LUNS A VENRES DE 10-13´30H
OBRADOIRO TEMPO LIBRE: LUNS A VENRES DE 10-13´30H
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICACIÓN DE LISTAXES PRE - INSCRITOS
Prazas: Aumenta o número de prazas de Tempo Libre a 90 por quenda e de Actividades Acuáticas a 30 por quenda.
Listaxe de pre inscritos no Obradoitro de Tempo Libre e nas Actividades Acuáticas. Por favor, revisen se están todas as persoas interesadas (están indicados os nomes das persoas participantes) e no suposto de que non estén na listaxe, póñanse en contacto con nós enviando un email a: deportes@camarinas.net. Indicando día e medio polo que fixeron a pre inscrición.
Se algún dos pre inscritos queren renunciar a algunha das quendas ou a outra calquera circunstancia, por favor, comuniquen por email ao enderezo electrónico deportes@camarinas.net
PAGO TAXAS
Ola bo día, co ánimo de acelerar o proceso de pago das taxas correspondentes tanto ao Obradoiro de Tempo Libre como de Actividades Acuáticas, ás persoas empadronadas ou que os fillos ou as fillas teñan cursado o curso 20/21 en calquera dos centros educativos do Concello de Camariñas, explico como se pode facer sen ter que pasar polo Concello.
A través da vosa banca electrónica. Abonar a cantidade correspondente ás quendas que indicáchedes na pre inscrición, no seguinte número de conta IBAN ES20 2080 0061 5631 1000 0060.
O concepto sería o nome do neno ou da nena e as quendas e actividade na que participaría.
Beneficiario Concello de Camariñas.
Descargar dito arquivo e envialo por email a deportes@camarinas.net. Indiacando nese email, Nome da nai ou pai, número de DNI de nai ou pai e data de nacemento da nai ou pai (sempre da mesma persoa).
Prazo máximo: 29/06/2021
Descargas relacionadas