A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 2 de xuño unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
Destinatarios / as: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición
Número de prazas: 180
Duración: 12 semanas (190 horas lectivas)
Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT
Datas de realización: do 1 de setembro ao 21 de novembro de 2021
Inscrición: na páxina web de CeMIT https://cemit.xunta.gal Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario / a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
Prazo: 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación da resolución no DOG.
Taxa: As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco días hábiles dende a publicación das correspondentes listaxes unha taxa de 10,63 euros correspondentes aos dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a citada taxa. Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas con dereito a matriculación incluídas dentro dos supostos recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia
Resolución do DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210602/AnuncioG0177-240521-0001_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
https://cemit.xunta.gal
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CONCELLO DE CAMARIÑAS 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net