O Concello

Departamentos

* Votacións pleno ordinario de maio 31/05/2021

Votacións pleno ordinario de maio

Hoxe celebrouse un pleno ordinario do Concello de Camariñas, no que se trataron os seguintes puntos:

👉 Aprobación definitiva do Estudo de Detalle para reaxuste de aliñacións no cuarteirón existente entre a Rúa da Rampa e o Paseo Marítimo de Camelle. Aprobado por unanimidade.
👉 Aprobación de proxecto de obra de “Reurbanización das Rúa Ramón Noguera e Irmáns Fernández e ordenación do encontro coa Avda. da Coruña” e solicitude de subvención á Deputación Provincial. Aprobado por unanimidade.
👉 Aprobación da adhesión do Concello de Camariñas ao Convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para atramitación dos procedementos sancionadores por incumprimento das medidas Covid-19. Aprobado cos votos a favor de PSOE e PP e a abstención do BNG.

Na quenda das mocións:

👉 Moción do grupo municipal do BNG sobre as peaxes das autovías galegas. Aprobada por unanimidade.
👉 Moción do grupo municipal do BNG en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentable, xusta e galega fronte ao espolio e a depredación. Aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG e en contra do PP.


© by Abertal