O Concello publica a cuarta entrega de "Eu Son Camariñas" con Evaristo Antelo, "Ito’" armador e patrón do buque Apostol 27/05/2021
O Concello publica a cuarta entrega de
- O protagonista reivindica os esforzos que están a facer os traballadores do mar por manter a dignidade da súa profesión.
- Cada mes publicarase na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un veciño ou veciño de Camariñas que destaque no seuámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social.
O Concello de Camariñas publicou a cuarta entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz Evaristo Antelo López, ‘Ito’, un armador que está a fronte da súa propia embarcación pesqueira, o buque Apostol.
‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A nova proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web
www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.
Nesta ocasión o protagonista é
Evaristo Antelo López, ‘Ito’, que reivindica os esforzos que están a facer os traballadores do mar por manter a dignidade da súa profesión e conversa sobre o presente e o futuro desta. ‘Ito’ estudou Mariña Civil «Sección Puente» na UDC. Tras rematar a licenciatura enrolouse na mariña mercante na cal traballaría durante anos antes de volver a súa vila natal, Camariñas. Aquí faise cargo da súa propia embarcación cos cargos de patrón e armador. Máis de 10 anos de experiencia dende a ponte de mando aválano como unha das voces máis respectadas da zona a hora de falar da pesca.
Eu Son Camariñas Un dos propósitos orixinais do proxecto consistía en dar visibilidade aos camariñáns que lograron notoriedade ao longo da historia, tanto dende a nosa vila como dende a diáspora. Ademais pretendíase crear un escaparate dende o cal se reflexe o traballo desa xuventude estudosa, traballadora e emprendedora do Concello de Camariñas. Crear unha ventá que amose ao mundo todas as virtudes desas artesás, deportistas, escritores, mariños, empresarios... pequenas historias das nosas xentes que deu e seguirá dando este concello cheo de talento.