O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas comeza os traballos de limpeza das súas etapas do Camiño dos Faros 19/05/2021

O Concello de Camariñas comeza os traballos de limpeza das súas etapas do Camiño dos Faros

  • Hai tres rutas no municipio: Laxe-Arou, Arou-Camariñas e Camariñas-Muxía
  • Sandra Insua destacou que “para Camariñas o Camiño dos Faros é vital a nivel turístico e económico”.  

O Concello de Camariñas comezou os traballos de limpeza das súas etapas do Camiño dos Faros, que se porán a punto para o inicio do verán co obxectivo de manter no mellor estado un dos principais focos de atracción turística do municipio.  

Camariñas conta con tres etapas das sete que forman o Camiño dos Faros: Laxe-Arou, Arou-Camariñas e Camariñas-Muxía. Os traballos consistirán no desbroce e limpeza dos camiños, acondicionando a contorna para facelos visibles e accesibles aos usuarios e usuarias.  

O goberno local é consciente da importancia que ten para a hostalaría e o comercio da zona, xa que supón unha importante fonte de ingresos, e por iso todos os anos afánase en manter as rutas en perfectas condicións. A alcaldesa, Sandra Insua, destacou que “para Camariñas o Camiño dos Faros é vital a nivel turístico e económico”.  

Ademais, cando rematen os traballos nestes itinerarios, procederase a efectuar a limpeza da Ruta dos Muíños, situada na Ponte do Porto e que durante todo o ano é percorrida constantemente tanto polos veciños e veciñas de Camariñas como polos visitantes.


© by Abertal