O Concello

Departamentos

* Preséntase a memoria final para realizar un documental sobre a vida de Manfred Gnädinger 05/05/2021

Preséntase a memoria final para realizar un documental sobre a vida de Manfred Gnädinger

  • O Museo Man acolleu a presentación do traballo de documentación realizado pola produtora Vizuals Lab, que realizou entrevistas a persoas que coñeceron ou coincidiron co alemán de Camelle.
  • A segunda fase deste proxecto consiste na elaboración da peza audiovisual, que terá o título d Gnädinger’.  

O Museo Man de Camelle acolleu a presentación da memoria final do minucioso traballo de documentación levado a cabo pola produtora Vizuals Lab sobre a vida de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, co obxectivo de realizar un documental sobre a súa vida e obra dentro da iniciativa ‘Proxecto Man: A Costa da Morte na mirada’.  

A produtora xa leva varios anos traballando neste proxecto e realizando diferentes entrevistas tanto a familiares como a coñecidos de Man e nos últimos meses tamén falou con persoas que o coñeceron ou coincidiron con el.  

Na memoria presentada destacan as conversacións mantidas con Marisol e Lourdes Baña, netas de Eugenia Heim, alsaciana que acolleu a Man na súa propia familia unha vez este chegou a Camelle. Marisol e Lourdes contaron como foran os primeiros días de Manfred no pobo, como conseguiu a súa primeira vivenda, como era a súa rutina diaria e cal foi o desencadeante para que a súa vida dera un xiro de 360 grados.  

En relación á busca de material inédito, foi fundamental a figura de Carlos Silvar, artista e amigo de Man que conservaba materiais sobre este e o seu Museo. Ademais, coñecidos de Man e veciños de Camelle como Vicente Balboa, Lucía Baña, Milagros Casal, Manuel Marcote ou Yolando Muñoz, participaron tamén nestas entrevistas.  

O Museo Man de Camelle tamén xogou un importante papel neste proceso de documentación a través de Andrea Serodio e Carmen Hermo. As dúas comisarias da exposición do muse explicaron ao equipo de Vizuals Lab as correntes artísticas ás que Man pertencía, como realizaba as súas obras, a complexidade algunhas e a innovación de outras, etc.  

O seguinte paso deste proxecto consiste na elaboración da peza audiovisual, que terá o título de ‘Gnädinger’. O proxecto conta coa colaboración da Deputación da Coruña, xa que obtivo unha subvención para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña durante o ano 2020.


© by Abertal