A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de maio as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1,2,3 e 4, no ano 2021.
Datas de realización das probas:
- Celga 1: en Santiago de Compostela.
12 de xuño para todas as persoas admitidas
- Celga 2: en Santiago de Compostela e en Ponferrada
30 de maio para todas as persoas admitidas
- Celga 3: en Santiago de Compostela e en Ponferrada
5 de xuño: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha da seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J e K.
6 de xuño: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.
- Celga 4: en Santiago de Compostela e en Ponferrada
22 de maio: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha da seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E e F
23 de maio: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ e O
29 de maio: persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: P, Q, R, S, T, U, W e X
No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e aula correspondentes.
Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias
Debido ás circunstancias excepcionais derivadas da pandemia da COVID-19 este ano todas as persoas que se van presentar ás probas deberán respectar varias medidas (pódense consultar na resolución do DOG)
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210504/AnuncioG0598-260421-0003_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
www.lingua.gal
ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00