· A actuación tamén serviu para dotar de saneamento e recollida de pluviais á zona.
O Concello de Camariñas rematou as obras para renovar o camiño na zona dos Mollados, na parroquia de Xaviña. A actuación, valorada en 50.076,55 euros, serviu para mellorar o firme e dotar de máis servizos á veciñanza.
Os traballos incluiron o desbroce e limpeza das cunetas e o reasfaltado do camiño mediante aglomerado asfáltico. Previamente, procedeuse á instalación dunha rede de saneamento e outra paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais.