Rematan os traballos de reurbanización da rúa Insua, na Ponte do Porto 04/05/2021
Rematan os traballos de reurbanización da rúa Insua, na Ponte do Porto
- A actuación, valorada en 41.000 euros, serviu para pavimentar a zona, renovar e ampliar a rede de saneamento e instalar unha paralela de pluviais.
O Concello de Camariñas rematou os traballos do proxecto para a reubanización da rúa Insua, na parroquia da Ponte do Porto. A actuación, valorada en 41.720,57 euros, serviu para pavimentar a vía e dotar de máis servizos á veciñanza.
Esta obra incluíu a demolición do antigo firme e a aplicación dun novo pavimento de formigón armado, con acabado superficial pulido. No tramo final estendeuse unha capa de zahorra artificial. Previamente, substituíuse e ampliouse a rede de saneamento e instalouse unha rede paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais.
Para que a actuación se complete restan por executar os últimos detalles: adecuación de tapas, arquetas, etc.