O Concello

Departamentos

* O Museo Man acollerá a exposición "Desde el Mar" de Diana Bustamante 27/04/2021

O Museo Man acollerá a exposición

  • A inauguración terá lugar o venres, 30 de abril, ás 19 horas e previamente, no espigón de Camelle, exporase a mostra ‘Ants, Treballadores’.
  • A exposición permanecerá ata o 30 de maio e chega a Camariñas da man do Instituto de Estudios Baleares e estará comisariada por Antoni Torres Martorell.  

Este venres, 30 de abril, a partir das 19 horas inaugurarase unha nova exposición no Museo Man de Camelle: ‘Desde el Mar’, de Diana Bustamante. A mostra, que permanecerá no museo ata o 30 de maio chega a Camariñas da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares, estará comisariada por Antoni Torres Martorell.  

A pintura de Diana Bustamante, na que o mar ten un gran protagonismo, evidencia a riqueza e versatilidade da paisaxe mediterránea a través dun percorrido por lugares entrañables das Islas Baleares e da Costa Blanca pero tamén da costa atlántica galega, achegándose a ao Faro Vilán, a Camelle e facendo unha pequena homenaxe a Manfred Gnädinger.  

Diana Bustamante creceu en Santa Eulalia del Río, un municipio da illa de Ibiza. Licenciada en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid, no seu traballo conxunta e relaciona técnicas de pintura, debuxo e collage coas técnicas de gravado ao collagraph, monotipos e outras. Realiza exposicións individuais periodicamente e foi seleccionada e premiada en certames nacionais de gravado e pintura.  

‘Ants, Treballadores’  

Previamente á inauguración da exposición de Diana Bustamente o espigón de Camelle acollerá, de 17 a 19 horas, a mostra ‘Ants, Treballadores’, que foi realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras e que está a percorrer o territorio nacional.  

Paralelamente a esta mostra o Museo Man organizou, o pasado 25 de abril, un obradoiro artístico baixo o nome de ‘Formigas’ no que os participantes puideron intervir durante 4 horas a súa propia formiga de ferro e que tamén será presentada xunto á exposición.


© by Abertal