O Concello

Departamentos

* PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN MUSEO (DO ERMITÁN) MAN 13/04/2021

PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN MUSEO (DO ERMITÁN) MAN

O día 15 de abril ás 18:30 horas no auditorio do CGAC, Andrea Serodio, responsable do museo Man de Camelle e comisaria da mostra e Carmen Hermo comisaria da mostra e docente da Universidade de Vigo, acompañadas do director do CGAC, Santiago Olmo, presentarán ao público a publicación do catálogo da exposición Museo (do ermitán) Man 

INSCRICIÓN: As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse enviando unha mensaxe electrónica indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono ao enderezo cgac.prensa@xunta.gal  

A capacidade da sala estará limitada a 60 asistentes.  

O número de prazas pode variar en función da situación sanitaria que exista no momento. No caso de que queden prazas libres poderanse cubrir o propio día facendo unha chamada previa á recepción do CGAC (tel. 981 546 619) para rexistrarse.


© by Abertal