O Concello

Departamentos

* Comezan os titoriais presenciais ás tendas adheridas a ‘MerCamariñas’, a central de venda online para o comercio local 09/04/2021

Comezan os titoriais presenciais ás tendas adheridas a ‘MerCamariñas’, a central de venda online para o comercio local

  • Os responsables da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, están a visitar os establecementos para ofrecer unha formación personalizada sobre a plataforma.
  • A próxima semana a concelleira de Comercio, Lara Pasantes, reunirase cunha empresa de transportes que ofertará un convenio de colaboración aos establecementos para realizar os envíos.
  • Lara Pasantes explicou que “neste mes de abril está previsto que se faga pública a web para que os comercios poidan comezar a realizar as súas vendas na rede”.  

O Concello de Camariñas comezou esta semana a levar a cabo os titoriais presenciais ás tendas e empresas adheridas a ‘MerCamariñas’, a central de venta en liña que nace co obxectivo de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que poidan vender os seus produtos a través de Internet.  

Os responsables da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, están a visitar os establecementos participantes para ofrecer unha formación personalizada sobre o uso da plataforma. Unha das primeiras en recibir esta clase foi María Jesús, responsable da tenda de moda e complementos "O Rincón de Chus" que tivo a ocasión de aprender a subir os seus produtos ao novo espazo virtual do comercio camariñán.  

Por outra banda, a próxima semana terá lugar unha reunión entre a concelleira de Comercio Lara Pasantes, os responsables da plataforma, e unha importante empresa de transportes que vai a ofrecerlles aos establecementos participantes un convenio de colaboración para realizar os envíos.  

Lara Pasantes explicou que “neste mes de abril temos previsto que se faga pública a web para que os comercios poidan comezar a realizar as súas vendas na rede” e lembrou que “todos os que non puideron adherirse a MerCamariñas poden facelo agora xa que está aberta a terceira rolda”.


© by Abertal