O Concello

Departamentos

* O Museo Man organizará o 25 de abril un obradoiro artístico baixo o nome de "Formigas" 08/04/2021

O Museo Man organizará o 25 de abril un obradoiro artístico baixo o nome de

  • Este taller lévase a cabo paralelamente á visita ao museo da exposición ‘Ants, Treballadores’, unha mostra de artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras.
  • Cada participante poderá intervir artisticamente a súa propia formiga de ferro e estas serán presentadas xunto á exposición.
  • A reserva de praza remata o 19 de abril.  

O Museo Man de Camelle organizará o 25 de abril un obradoiro artístico titulado ‘Formigas’, que se levará a cabo paralelamente á visita da exposición ‘Ants, Treballadores’, unha mostra prevista para finais do mes de abril que foi realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras e que está a percorrer o territorio nacional.  

No taller cada persoa participante con inquietudes artísticas poderá intervir e transformar durante 4 horas a súa propia formiga de ferro, que despois será presentada xunto á exposición. A organización proporcionaralles unha formiga de ferro negro de 18 ou 25 cm. e tamén se lles dará pintura. Se desexan empregar outros materiais ou programan outro tipo de transformación deben traelos xunto coas ferramentas necesarias.  

Para asistir é necesario reservar praza antes do 19 de abril enviando un correo electrónico a museodoman@camarinas.net ou chamando ao teléfono 981 710 224. Os matriculados deberán pagar unha taxa de 10 euros.


© by Abertal