O Concello

Departamentos

* Camariñas pon hoxe o punto e final a unha semana de desfiles e comercialización do encaixe nas redes pola II Mostra Virtual 05/04/2021

Camariñas pon hoxe o punto e final a unha semana de desfiles e comercialización do encaixe nas redes pola II Mostra Virtual

  • Hoxe é o último día no que os postos participantes ofrecerán a través das redes sociais do evento produtos relacionados co encaixe con ofertas especiais.
  • Terá lugar a clausura institucional e os espectadores poderán ver máis vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén terá o seu espazo o voluntariado.  

Hoxe, domingo 4 de abril, poñerase o punto e final á segunda edición virtual da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que cambiou o seu funcionamento para centrarse na comercialización do encaixe e na publicación das coleccións do certame de Jovenes Deseñadores en diferentes enclaves turísticos do municipio.  

Hoxe será o último día no que os postos participantes ofrecerán a través do Facebook e da web www.mostra.es unha serie de produtos con encaixe con ofertas especiais.  

Na derradeira xornada os espectadores poderán presenciar a clausura institucional, máis vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e unha pequena homenaxe ao voluntariado que ano tras ano colabora no funcionamento da Mostra.  

A clausura corre a cargo da directora da Mostra, Dolores Lema, e da concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro. Ademais, tamén haberá espazo para a música xa que o Grupo Jaque quixo formar parte deste evento cunha versión propia da coñecida canción ‘Camariñas’.


© by Abertal