O Concello de Camariñas através da Concelleria de Servizos sociais,igualdade e saúde, despois de xuntanzas cos equipos directivos dos centros escolares , vai desenvolver en colaboración cos centros de educación infantil e primaria de Camariñas, Ponte do Porto e IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto os seguintes talleres o longo do curso escolar.
No IES “Pedra da Aguia” de Ponte do Porto
1.taller de técnicas de estudio. (1º da ESO)
2. Taller de prevención en violencia de xénero.(1º e 4º da ESO)
3. Curso de novas tecnoloxías(3º da ESO)
No CEIP de Ponte do Porto e Camariñas
1.Bebidas Saudables (3º e 5º de Primaria)
2.Taller para igualdade (6º de primaria )
3.Taller educando en valores (5º de primaria)
4. Taller sobre mellora da lectura (5º de primaria)
5. Taller de subliñado,esquema e resumo (6º de primaria)
En próximas datas se empezarán a realizar os primeiros, dando conta as familias e o alumnado coa suficiente antelación.
Este tipo de actividades vense facendo xa nos últimos anos con moi bos resultados polo que, se seguen a realizar coa a aprobación de toda comunidade educativa. Tamén esta aberto o prazo, ata 30 de outubro, para inscrición nas escolas de nais e pais que se van celebrar unha vez o mes en todas as parroquias onde haxa un grupo mínimo de 10 persoas.
Todas as actividades son gratuítas. A docencia e organización estarán a cargo do persoal da nomeada concellería.
Para máis información chamar a Casa de Pedra 981737004
Mª Carmen Linares Chica.
Concelleira de Servizos sociais ,igualdade e saúde
Do Concello de Camariñas