Mañá, mércores 31 de marzo, inaugurarase a exposición "Palilleiras: presente e futuro" 31/03/2021
Mañá, mércores 31 de marzo, inaugurarase a exposición
- Será ás 11 horas na praza da Insuela.
Mañá, mércores 31 de marzo, inaugurarase ás 11 horas na praza da Insuela a
exposición ‘Palilleiras: presente e futuro’. Trátase dunha pequena homenaxe ao labor e esforzo das palilleiras que, xeración tras xeración, fan do Encaixe de Camariñas unha arte única no mundo. As fotografías dos 22 tótems que se instalarán forman parte dun proxecto realizado en decembro de 2019 por Ana García, fotógrafa da Voz de Galicia. Está previsto que esta exposición permaneza na praza ata o mes de outubro.