O Concello

Departamentos

* A Mostra do Encaixe de Camariñas estará presente en cinco millóns e medio dos cupóns da ONCE do 6 de abril 29/03/2021

A Mostra do Encaixe de Camariñas estará presente en cinco millóns e medio dos cupóns da ONCE do 6 de abril

  • O Museo do Encaixe acolleu a presentación deste boleto, que se comercializará en 20.000 puntos de venta
  • Hoxe dá comezo unha semana de desfiles e comercialización do encaixe nas redes.
  • A apertura da segunda Mostra Virtual completarase coa publicación do vídeo promocional das coleccións de ‘Jóvenes Deseñadores’ e cos discursos institucionais
  • Desde o martes e ata o domingo os postos participantes ofrecerán a través das redes sociais do evento produtos relacionados co encaixe con ofertas especiais
  • Os espectadores poderán ver os vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén terán o seu espazo as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado
  • O mércores 31 de marzo inaugurarase na praza da Insuela a exposición ‘Palilleiras: presente e futuro’
  • Os espectadores poderán ver os vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén terán o seu espazo as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado
  • O mércores 31 de marzo inaugurarase na praza da Insuela a exposición ‘Palilleiras: presente e futuro’
  • Desenvolverase principalmente a través da páxina de Facebook e tamén haberá contidos no Instagram e na canle de YouTube da Mostra.  


O Concello de Camariñas presentou o cupón da ONCE dedicado á trinta Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Cinco millóns e medio de boletos do día 6 de abril, presentes en 20.000 puntos de venta, levarán a imaxe deste evento, que comezará na xornada de hoxe unha semana de desfiles de comercialización do encaixe nas redes.  

A alcaldesa, Sandra Insua, o delegado territorial en Galicia da ONCE, Manuel Martínez Pan; o tenente de alcalde, Sergio Caamaño, a concelleira da Mostra do Encaixe, Encarna Liñeiro, a directora da Mostra, Dolores Lema, asistiron ao acto celebrado na aula de palillo ‘Raquel Moreira’ do Museo do Encaixe.  

A rexedora agradeceu á ONCE que contarán coa imaxe de Camariñas e da Mostra do Encaixe para elaborar un cupón e animou a todos e todas os camariñáns a que compren o boleto. Tamén destacou que unha copia do cupón estará presente nunha das salas do Museo do Encaixe.  

Pola súa parte, o delegado en Galicia da ONCE, Manuel Martínez, afirmou que para a súa organización ligazóns como estas eran moi importantes, xa que plasman dun xeito simbólico a unión da labor social e do patrimonio galego na súa principal tarxeta de visita, o cupón.    

II Mostra Virtual  

Desde hoxe, luns 29 de marzo, e ata o domingo, 4 de abril, terá lugar a segunda edición virtual da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que presenta novidades con respecto ao ano pasado e nesta ocasión cambiará o seu funcionamento para centrarse na comercialización do encaixe e na publicación das coleccións do certame de Jovenes Deseñadores en diferentes enclaves turísticos do municipio.  

A xornada inaugural completarase coa publicación do vídeo de promoción das coleccións de ‘Jóvenes Deseñadores’ e cos discursos institucionais, que correrán a cargo da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia Pérez.  

O obxectivo deste evento é o de comercializar o encaixe e fomentar a labor que fan anualmente os comercios locais neste eido. Por iso, desde o martes 30 de marzo ao domingo 4 de abril, os postos participantes ofrecerán a través do Facebook unha serie de produtos con encaixe que contarán con ofertas especiais nesas datas. Na web do evento www.mostra.es habilitarase un espazo durante estas datas no que tamén se poderán atopar as ofertadas que dispoña cada establecemento.  

Por outra banda, publicarase en diferentes xornadas un vídeo de cada colección do XXVII certame de Jóvenes Deseñadores. Moitos destes foron gravados por alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (UDC) en diferentes localizacións do municipio e con modelos locais como protagonistas. Tamén terán o seu propio espazo, entre outros, as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado.  

O mércores 31 de marzo, dentro da programación da II Mostra Virtual, inaugurarase na praza da Insuela a exposición ‘Palilleiras: presente e futuro’. Trátase dunha pequena homenaxe ao labor e esforzo das palilleiras que, xeración tras xeración, fan do Encaixe de Camariñas unha arte única no mundo. As fotografías dos 22 tótems que se instalarán forman parte dun proxecto realizado en decembro de 2019 por Ana García, fotógrafa da Voz de Galicia. Está previsto que esta exposición permaneza na praza ata o mes de outubro.  

A clausura correrá a cargo da directora da Mostra, Dolores Lema, e da concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro. Ademais, tamén haberá espazo para a música xa que o Grupo Jaque quixo formar parte deste evento cunha versión propia da coñecida canción ‘Camariñas’.  

As plataformas de emisión da segunda edición da Mostra Virtual serán principalmente a páxina de Facebook da Mostra (@MostradoEncaixe) e tamén haberá contidos no Instagram (@Mostraencaixecamarinas) e na canle de Youtube (@Mostradoencaixe).  

Certame de Jovenes Deseñadores  

As 24 coleccións que participarán nesta II Mostra Virtual son: ‘Black Tide’, ‘Carrera de Indias’, ‘Daquela que cantan as pombas i as frores’, ‘Déjame encajar’, ‘Denantes mortas que escravas, ‘Enxebre i tradición’, ‘Enxebre II’, ‘Estímulos’, ‘Evol’, ‘Femme’, ‘Fossil’, ‘Honey, Bee Free’, ‘Leo’, ‘Matista’, ‘Passaris’, ‘Samantha’, ‘Sea Lung’, ‘Suspiros Flamencos’, ‘The Beautiful Brut’, ‘The Blue Horse’, ‘Tira y afloja’, ‘Un paseo sereno’, ‘Victoria’ y ‘Zeistmaschine’.


© by Abertal