O Concello

Departamentos

* Mañá, luns 29 de marzo, presentarase o cupón da ONCE adicado á trinta edición da Mostra do Encaixe 29/03/2021

Mañá, luns 29 de marzo, presentarase o cupón da ONCE adicado á trinta edición da Mostra do Encaixe

  • O acto terá lugar ás 12 horas na aula de palillo ‘Raquel Moreira’ do Museo do Encaixe.  

A aula de palillo ‘Raquel Moreira’ do Museo do Encaixe acollerá mañá, luns 29 de marzo ás 12 horas, a presentación do cupón da ONCE do próximo 6 de abril que estará adicado á trinta edición da Mostra do Encaixe.  

No acto estará presente a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o delegado territorial en Galicia da ONCE, Manuel Martínez Pan; a concelleira da Mostra do Encaixe, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema.


© by Abertal