O Concello

Departamentos

* O Concello prorrogará a suspensión do cobro da taxa das terrazas e cancela tamén a dos postos ambulantes 25/03/2021

O Concello prorrogará a suspensión do cobro da taxa das terrazas e cancela tamén a dos postos ambulantes

  • No pleno deste xoves aprobarase a derrogación das dúas ordenanzas que regulan estes sistemas, co obxectivo de mitigar o impacto da COVID-19 e tratar de impulsar o desenvolvemento económico.
  • No caso da taxa das terrazas os hostaleiros do municipio xa non teñen que pagala desde o mes de maio de 2020.
O Concello de Camariñas ten previsto prorrogar a suspensión do cobro da taxa que teñen que pagar os hostaleiros do municipio polas súas terrazas, que xa leva suspendida desde o mes de maio de 2020, e cancelará tamén a referida aos postos dos comerciantes ambulantes.

Para iso levará ao pleno do próximo venres, 26 de marzo, dúas propostas para derrogar as ordenanzas que regulan estes sistemas, por unha banda a referida á ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras e pola outra a de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreo de uso público, industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.

O obxectivo en ambos casos é o de mitigar o impacto que está a supoñer a crise sanitaria orixinada pola COVID-19 e á súa vez fomentar e tratar de impulsar o desenvolvemento económico que implica a realización das feiras e demais atraccións.

Outros asuntos do pleno

Na sesión plenaria tamén se inclúen na orde do día: a creación da praza de tesoureiro como habilitado nacional, o incremento retributivo do 0,9% previsto para o persoal funcionario como o laboral e unha emenda de deficiencias do acordo plenario de data 29-01-2021 de participación no Plan Único 2021 Plan.


© by Abertal