O Concello

Departamentos

* Andrés Parga, campión de España en baile caribeño en parella 24/03/2021

Andrés Parga, campión de España en baile caribeño en parella

O noso veciño Andrés Parga González, natural da Ponte do Porto, proclamouse esta fin de semana campión de España de baile caribeño en parella na modalidade júnior.

A competición celebrouse os días 20 e 21 de marzo na Cidade Deportiva Camilo Cano, en La Nucia, Alacante. Aos seus 15 anos, Andrés conseguiu rematar no primeiro posto xunto á súa parella Soraya Santos. Ademais, logrou conseguir a medalla de bronce  na categoría de latinos dentro da Copa Promoción.

Andrés confórmase coma unha das grandes promesas a nivel nacional no baile competitivo. Leva desde os 9 anos compatibilizando os torneos e as probas en todo o país cos seus estudos. O éxito colleitado no campionato nacional animouno a seguir traballando nesta liña, na que se sente "cómodo e feliz polos froitos de todo o esforzo que hai detrás de cada actuación".


© by Abertal