AXUDAS OBRAS EN VIVENDAS ANTERIORES A 1996 (VI422E) 24/03/2021
AXUDAS OBRAS EN VIVENDAS ANTERIORES A 1996 (VI422E)
Conservación, mellora da seguridade e da accesibilidade en vivendas nas que se estea empadroado, tamén en aluger, rematadas antes de 1996, e locais con outros usos (máximo do 30% da superficie construída).
PRAZO:
- Ata o 23 abril de 2021
OBRAS:
- Conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións.
- Conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras.
- Adecuación interior da vivenda ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene.
- Instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou dispositivos de accesibilidade...
- Instalación de produtos de apoio, como guindastres.
- Instalación de elementos de información ou aviso en escaleiras, ascensores, ...
- Instalación de dispositivos electrónicos de comunicación, como vídeo porteiros.
- Instalación domótica ou outros avances para a autonomía persoal.
- Intervencións de accesibilidade no interior das vivendas.
- Mellora do cumprimento dos parámetros DB-SUA de seguridade e accesibilidade.
Outros gastos subvencionables: redacción de proxectos, honorarios de profesionais, informes técnicos, certificados necesarios, gastos de tramitación administrativa e outros gastos xerais similares.
AXUDAS:
- Ata o
40%. - Ata o
75% para unidades de convivencia con ingresos inferiores a 3 veces o IPREM de 2019: 1613,52 €/mes.
Subvención máxima: - - Ata 3.000 €/vivenda e 30 €/m2 locais outros usos.
- Ata 75% para maiores 65 anos ou persoas con minusvalías.
- Para seguridade e accesibilidade e como tope de tódalas actuacións:
- 8.000 €/vivenda e 80 €/m2 locais outros usos.
- 14.000 € para persoas discapacitadas.
- 17.000 € para persoa con parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou desenvolvemento lento superior ao 33% ou discapacidade física ou sensorial superior ao 65%.
- BIC: incremento de 1.000 €
Prazo de execución da obra:
ata o
30 novembro de 2021
DOCUMENTACIÓN: - * Anexo I coa solicitude.
- * Anexo II coa declaración responsable y comprobación de datos das persoas da vivenda.
- Anexo III coa declaración responsable de ingresos das persoas da vivenda.
- Fotografías.
- Certificado de empadroamento, ou autorización consulta.
- No caso de non facer declaración da renda, presentar:
- Certificado de retribucións e retencións das empresas nas que estivese traballando de alta no ano 2019.
- Certificado de pensións ou prestacións ou outras que NON sexa dol Instituto Nacional de la Seguridad Social, INSS.
- Certificado bancario de rendementos do capital mobiliario.
- Referencia catastral do inmoble (número do catastro).
- No caso de non ser a persoa titular que consta no catastro: nota simple rexistral ou calquera documento que acredite a titularidade.
- Proxecto técnico ou memoria descritiva das actuacións adecuadas ao CTE.
- Presupostos desagregados sen IVE
- * Se fixera falta, licenza de obras ou a solicitude ou comunicación previa realizada ao concello. Se foi solicitada 15 días antes da solicitude acompañarase declaración responsable do solicitante de non ter sido requirida subsanación.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante, se procede.
- Contrato de alugamento coa referencia catastral.
- División horizontal no caso de comunidades ou agrupacións de propietarias.
- Nos BIC catalagados ou con protección integral no PXOM, documento xustificativo.
- Certificación inicio de obras se foron iniciadas antes do 22 de marzo de 2021.
Máis información en www.camarinas.net
e na Área de Desenvolvemento Local de Camariñas,
teléfono: 981 737 004
Descargas relacionadas