Hoxe o Concello de Camariñas acometeu os traballos de asfaltado de varias rúas, nun caso ao carón da praza de San Xurxo e no outro diante da casa consistorial.
No caso de San Xurxo renovouse o firme na rúa Pista a Mourín, que se viu afectado polas obras de reordenación e acondicionamento da praza. Por outro lado, diante da casa do concello están a asfaltarse as rúas transversais á Avenida da Coruña.