O Concello

Departamentos

* O Concello adxudica o proxecto para a renovación da iluminación exterior do campo de fútbol Irmáns Patiño 12/03/2021

O Concello adxudica o proxecto para a renovación da iluminación exterior do campo de fútbol Irmáns Patiño

  • A actuación, que conta cun orzamento de preto de 40.000 euros, está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
  • Substituiranse as luminarias existentes nas 4 torretas por outras con tecnoloxía LED, logrando unha mellor visibilidade, un aforro do 73% na factura e diminuíndo as emisións de CO2.  

O Concello de Camariñas adxudicou hoxe en Xunta de Goberno Local o proxecto para a renovación da iluminación exterior do campo de fútbol Irmáns Patiño, que conta cun orzamento de 39.974,9 euros e está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.  

Os traballos que se levarán a cabo consisten en desmontar as actuais luminarias existentes nas 4 torres e substituílas por outras con tecnoloxía LED. Ademais, instalarase un novo soporte para poder incorporar outros dous focos e que sexan 6 os instalados en cada torre.  

Este proxecto permitirá lograr unha mellor visibilidade nas instalacións do campo de fútbol Irmáns Patiño e tamén se conseguirá un aforro na factura do 73% con respecto ao gasto que tiñan as anteriores luminarias. Por outra banda, grazas á tecnoloxía LED redúcense as emisións de CO2 co conseguinte beneficio de cara ao medio ambiente.


© by Abertal