O Concello

Departamentos

* CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE 08/03/2021

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 5 de marzo probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación. As competencias clave que se convocan son as seguintes: 

  • Comunicación en lingua galega
  • Comunicación en lingua castelá
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
  • Competencia matemática 
As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo en lingua estranxeira (consultar na resolución do DOG) 

Código do procedemento: TR306A 

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 7 de abril de 2021
  
RESOLUCIÓN DO DOG:  
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210305/AnuncioG0599-010321-0001_gl.pdf 

INFORMACIÓN RELATIVA ÁS COMPETENCIAS CLAVE ASÍ COMO ALGÚNS EXEMPLOS DE PROBAS 
https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746  
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00


© by Abertal