O Concello

Departamentos

* O luns comezarán as obras de renovación do camiño nos Mollados 05/03/2021

O luns comezarán as obras de renovación do camiño nos Mollados

  • A actuación tamén servirá para dotar de saneamento e recollida de pluviais á zona.  

O Concello de Camariñas iniciará este luns as obras para renovar o camiño na zona dos Mollados, na parroquia de Xaviña. A actuación, valorada en 50.076,55 euros, servirá para mellorar o firme e dotar de máis servizos á veciñanza.  

Os traballos inclúen o desbroce e limpeza das cunetas e o reasfaltado do camiño mediante aglomerado asfáltico. Previamente, procederase á instalación dunha rede de saneamento e outra paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais.


© by Abertal