O Concello

Departamentos

* O Concello iniciará o reparto de composteiros e a formación dos novos participantes do programa de compostaxe 05/03/2021

O Concello iniciará o reparto de composteiros e a formación dos novos participantes do programa de compostaxe

  • Nas accións formativas faranse pequenos grupos por parroquias coas medidas de seguridade e distancia social requiridas.
  • O prazo de inscrición no programa de compostaxe segue aberto.   

O Concello de Camariñas iniciará a próxima semana o reparto dos composteiros, a formación e o asesoramento individualizado aos novos participantes do programa de compostaxe municipal ‘Camariñas Composta’, tras rematar a primeira fase de difusión e captación de participantes.  

Así, os novos usuarios e usuarias recibirán os composteiros e serán citados para participar nas accións formativas, que se levarán a cabo en grupos pequenos divididos por parroquias e seguindo todas as medidas de seguridade e distanciamento social requiridas polas autoridades sanitarias.  

A súa formación e o seguimento personalizado correrá a cargo das técnicas de Amigos da Terra, que acompañarán a estas familias ao longo do proceso a fin de resolver dúbidas e solucionar problemas, capacitándoas para que elas soas continúen o proceso.  

De tódolos xeitos o prazo de inscrición para sumarse ao programa de compostaxe segue aberto e o único requisito para formar parte é, ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a a formar parte desta iniciativa educativa e formativa. Para anotarse poden chamar ao teléfono 981 737 004 ou enviar un correo a medioambiente@camarinas.net.    

Programa de compostaxe de Camariñas  

O Concello de Camariñas decidiu poñer en marcha este programa de compostaxe doméstica destinado a toda a súa poboación que conte cun pequeno terreo no que compostar os seus residuos orgánicos, impedindo que cheguen aos contedores da rúa e pechando o ciclo da materia nos fogares.  

O proxecto, que rematará en novembro e que está financiado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, atópase actualmente na fase de entrega de composteiros, formación e asesoramento individualizado aos novos participantes.  

Preténdese que 200 novas familias comecen a reducir residuos a partir da implantación do programa e a transformalos en compost para os seus xardíns ou plantas. Ademais, ao reducir os desprazamentos destes residuos á planta, estase a provocar unha redución nas emisións de gases de efecto invernadoiro e por tanto freando o cambio climático.  

A súa formación e o seguimento personalizado correrá a cargo das técnicas de Amigos da Terra, que acompañarán a estas familias ao longo do proceso a fin de resolver dúbidas e solucionar problemas, capacitándoas para que elas soas continúen o proceso.  

“Coa compostaxe estaremos reducindo nun 50% a cantidade de residuos enviados ó ciclo da xestión municipal, producindo un importante aforro municipal, ademais de obter un produto de calidade para os solos do noso Concello”, declara Sergio Caamaño, Concelleiro de Medio Ambiente e responsable do proxecto.  

O único requisito para formar parte deste programa é, ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a a formar parte deste proxecto educativo e formativo.  

Inscricións: 981 737 004 medioambiente@camarinas.net


© by Abertal