A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Facenda e Administración Pública publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 26 de febreiro unha resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2020 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
As listas pódense consultar no portal Web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal epígrafe de “Listas de contratación”.
As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela)
Unha vez realizadas as emendas procedentes, darase publicidade das puntuacións definitivas mediante publicación da oportuna resolución no DOG.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210226/AnuncioG0597-160221-0003_gl.pdf
ENLACE PARA CONSULTA-LAS LISTAS:
http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/consulta-das-listas-decreto-37-2006
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00