O Concello de Camariñas pide a colaboración dos seus veciños e veciñas para poder levar a cabo un control do crecemento da poboación de gatos de rúa no municipio e así poder xestionala.
Para poder facelo é imprescindible que, se algunha persoa detecta un ou dous destes animais preto das súas casas, chame ao Concello para que se dea o aviso á empresa encargada da recollida de animais e esta aplique o coñecido como método CES (captura, esterilización e solta).
O obxectivo deste chamamento é evitar un problema futuro dando o aviso cando aínda os gatos son poucos e así impedir que se multipliquen e se forme unha colonia. A actuación desde que se detectan os primeiros animais é importante xa que estes se reproducen rapidamente.