O Concello

Departamentos

* PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS 24/02/2021

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 24 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos. 

Código do procedemento: ED534A 

Requisitos das persoas aspirantes: 

  • Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021
  • Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
  • Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21

Os/as aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Prazo de presentación de solicitudes: do 3 ao 10 de marzo de 2021

Resolución do DOG:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210224/AnuncioG0598-160221-0001_gl.pdf 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00     


© by Abertal