O Concello

Departamentos

* Camariñas repartiu máis de 1.600 euros en vales para consumir no comercio local co seu concurso de Entroido 19/02/2021

Camariñas repartiu máis de 1.600 euros en vales para consumir no comercio local co seu concurso de Entroido

  • En tres categorías diferentes, os participantes enviaron fotografías dos seus disfraces que foron valoradas por un xurado.  

O Concello de Camariñas repartiu máis de 1.600 euros en premios, en forma de vales para consumir en establecementos da vila, no seu ‘Concurso de disfraces de Entroido Camariñas’, un certame de modalidade telemática co que se promove a dinamización da economía dos comercios locais, un sector especialmente afectado polas consecuencias da COVID-19.  

Os participantes enviaron fotografías dos seus traxes por diante e por detrás ao departamento de Cultura do Concello de Camariñas, que foron valorados por un xurado. O concurso tiña tres categorías: unha de carácter individual destinada a público infantil; unha individual para adultos e, finalmente, unha categoría de disfraces familiar.  

Premios  

Categoría infantil individual (todos recibirán un vale de 20€)  

  • Amapola: Xiana Romar Tedín
  • Heroína COVID: Candela Santos Lista
  • Doutor García, vacinando pola vila: Bruno García Martínez
  • Superxenia: Xènia March Rodríguez
  • Bellas Arco Iris: María Isabel Quintana Tedín
  • La princesa del Reino de Hielo: Chloe Rajoy Canosa
  • Pipi Calzas Largas: Lía Ferrín Souto
  • Dr. Romero: Eric Romero Rodríguez
  • Lobo feroz: Hugo Rodríguez González
  • Mimo molón: Sofía Serantes Santos
  • Nena Dodot: Alessia Varela Lorenzo   

Categoría adulto individual:  

  • Terceiro Premio (vale 50€): "Esperando a Donald" de Javier García
  • Segundo premio (vale 75€): "Boda Hindú" de Iria Lestón Nemiña
  • Primeiro premio (vale 100€): "Velliña panillando porque non hai Desguace" de Lourdes Romar Andrade   

Categoría familiar:

  • Terceiro premio (vale 200€): "Familia Bross" representada por Amalia González Ameijenda
  • Segundo premio (vale 250€): "Vellas 2.0 en tempos de Covid" representada por Verónica Canosa Carril
  • Primeiro Premio (vale 300€): "Familia Oz" representada por Adela Suárez Soto   

Ademais, recibiron o premio á participación na categoría Familiar (un vale de 15€ por persoa participante no grupo):  

  • "Os novos Superheroes" representada por Digna María Rodríguez Romar
  • "La familia Coco" representada por Cristina Blanco López
  • "Regreso ao futuro" representado por Luis Rodríguez Luaces
  • "Hada de Flor y Señor de los Bosques" representada por Vanessa Camill Lema Cernados


© by Abertal