O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas concede de xeito definitivo 56 axudas dentro do plan de reactivación para autónomos e microempresas 18/02/2021

O Concello de Camariñas concede de xeito definitivo 56 axudas dentro do plan de reactivación para autónomos e microempresas

  • Repartiuse o 100% do orzamento destinado para este fin, que era de 102.500 euros.
  • Os beneficiarios teñen ata o 31 de marzo para xustificar os gastos.  
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a resolución definitiva, tras o período de alegacións, do plan de axudas do Concello de Camariñas dirixido aos autónomos e microempresas que sufriron as consecuencias da declaración do Estado de Alarma, e do que se beneficiarán un total de 56 empresas do municipio.  

Os adxudicatarios deste plan de axudas, cofinanciado pola Deputación da Coruña a través do PEL-Reactiva, recibirán entre 1.500 e 3.000 euros segundo a puntuación concedida. Así, repartirase o 100% do orzamento destinado para este fin, que era de 102.500 euros.  

Agora, tal e como se recollía nas bases reguladoras, cada beneficiario deberá xustificar os gastos subvencionables antes do 31 de marzo. Posteriormente a esta data procederase á resolución final e ao abono do importe da cantidade concedida.  

Un dos requisitos para poder xustificar esta axuda é o de estar de alta ata o 31 de marzo de 2021, por conta propia ou no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, ou ter rexistrada a empresa, mantendo a mesma forma xurídica anterior ao Estado de Alarma.

Os gastos subvencionables son a compra de material desinfectante e de limpeza, seguros, suministros (auga, luz, electricidade, combustible...), adquisición de mamparas, arrendamentos de locais, vehículos, maquinaria... Terá que xustificarse que están realizados desde o 1 de marzo ao 31 de decembro de 2020 con facturas e comprobantes de pago.

O procedemento de xustificación destas axudas está publicado na web municipal www.camarinas.net xunto coa concesión definitiva das axudas.

Para máis información pode chamarse ao teléfono da Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas: 981 736 000.


© by Abertal