ABERTO O PERÍODO DE XUSTIFICACIÓN DE PEL-REACTIVA DE CAMARIÑAS 2021 ATA O 31 DE MARZO ÁS 14:00H 12/02/2021
ABERTO O PERÍODO DE XUSTIFICACIÓN DE PEL-REACTIVA DE CAMARIÑAS 2021 ATA O 31 DE MARZO ÁS 14:00H
****************************************************************************
AXUDAS PEL REACTIVA
****************************************************************************
PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDAS CONCEDIDAS: BOP núm. 32, de 18/02/2021
- Enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/02/18/2021_0000001176.pdf
REQUISITOS PARA PERCIBIR A AXUDA:
- Seguir de alta ata o 31 de marzo de 2021, por conta propia ou no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, ou ter rexistrada a empresa, mantendo a mesma forma xurídica.
- Non ter débedas, a 31 de marzo de 2021, coa Seguridade Social, AEAT, a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas.
- Facer publicidade do financiamento polo Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña: Deberá colocarse o cartel que se establece nas instalación da empresa beneficiaria da axuda,no caso de ter web ou redes sociais deberá facerse visible nun lugar preferente.
- Debe cumprirse as obrigas da Base 14 das Bases de convocatoria PEL REACTIVA CAMARIÑAS 2020
XUSTIFICACIÓN DOS GASTOS:
Prazo ata 31 de marzo de 2021 ás 14:00h na
sede electrónica do Concello de Camariñas. A empresa solicitante deberá enviar a xustificación, co nome da empresa, e indicando XUSTIFICACIÓN PEL-REACTIVA CAMARIÑAS
Guía de xustificación: Tes toda a información e aclaracións para facilitar a xustificación das axudas
GASTOS XUSTIFICABLES: Os realizados
desde o 1 de marzo ao 31 de decembro de 2020 - Material desinfectante e de limpeza, seguros, subministros (auga, luz, electricidade, combustible,... ), mamparas, arrendamentos de locais, vehículos e maquinaria, ...
- Contas do plan xeral contable: 601, 621, 622, 625, 628
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: Toda asinada dixitalmente
Máis información: Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas, no 981 73 70 04 e adl@camarinas.net
Descargas relacionadas