O Concello

Departamentos

* PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2021 12/02/2021

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2021

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 9 de febreiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 

Código de procedemento: ED312C 

Requisitos:

  • Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2021 
  • Prazo de inscrición: Do 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Código de procedemento: ED312D

Requisitos:
  • Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e teñan 19 anos ou os fagan durante o ano 2021
  • Prazo de inscrición: Do 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.  


ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210209/AnuncioG0598-280121-0010_gl.pdf 

OU CONTACTAR COA EDUCADORA FAMILIAR 
CASA DE PEDRA    981737004  
alianza.trillo@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00


© by Abertal