A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, avaliou hoxe os traballos que está a acometer na Casa de Pedra o alumnado do obradoiro 'Xuventude polo Emprego', promovido polo Concello de Camariñas xunto aos de Vimianzo e Muxía.
Os rapaces e rapazas participantes no módulo de ‘Instalación de elementos de carpintería’ xa remataron a renovación do chan e instalaron varios armarios e estanterías. A actuación no interior está practicamente rematada, só queda por colocar máis mobiliario, polo que os servizos municipais habituais xa se retomaron na Casa de Pedra. As obras que se levarán a cabo no exterior do edificio quedarán pendentes ata que faga bo tempo.
Sandra Insua amosou a súa satisfación polo "bo traballo realizado ata o de agora" e felicitou ao tanto ao alumnado como ao seu monitor.