O Concello de Camariñas destinará 100.000 euros para ampliar e reforzar o Servizo de Axuda no Fogar. 01/02/2021
O Concello de Camariñas destinará 100.000 euros para ampliar e reforzar o Servizo de Axuda no Fogar.
O Concello de Camariñas destinará 100.000 euros para ampliar e reforzar o Servizo de Axuda no Fogar.
Onte aprobouse por unanimidade no pleno ordinario o Plan Único Adicional 1/2021 da Deputación Provincial da Coruña polo que se destinarán 100.000 euros ao SAF.
Tamén se aprobou o Plan Único 2021, cos votos a favor do PSOE e a abstención de PP e BNG, que inclúe:
- Destinar 268.638,97 euros para asumir o pago a provedores e 38.968,75 euros para reducir a débeda coas entidades bancarias.
- O Plan Único Complementario, valorado en total en 289.081,54 euros, e que se destinará a diferentes proxectos:
- Mellora e acondicionamento das rúas Rozas e Rucheira en Arou.
- Reparación do pavimento na rúa Virxe do Monte de Camariñas.
- Reordenación do espazo público destinado á creación do parque infantil de Xaviña.
Aprobouse por unanimidade a concesión dunha subvención nominativa de 5.000 euros ao Clube Balonmán Camariñas.
Aprobouse cos votos a favor do PSOE e a abstención do PP e BNG un recoñecemento extraxudicial de crédito de 444.444,74 euros para o pago de facturas pendentes a provedores.