O Concello

Departamentos

* PUBLICACIÓN DA CONCESIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS ÁS PERSOAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS DO PEL-REACTIVA DE CAMARIÑAS 2020 27/01/2021

PUBLICACIÓN DA CONCESIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS ÁS PERSOAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS DO PEL-REACTIVA DE CAMARIÑAS 2020

DATA DE PUBLICACIÓN NO BOP: 27/01/2021
- Enlace: https://bit.ly/3qUUtf8

SUBVENCIÓNS PROVISIONAIS CONCEDIDAS

  • As 56 subvencións propostas pertencen ao Grupo I, quedando 5 solicitudes dese grupo sen axuda, por orde de presentación, debido á falta de presuposto.
  • Coa publicación no BOP, queda notificada a resolución provisional das axudas: subvencións concedidas provisionalmente, excluídas e solicitudes que non percibirían a axuda.
  • Ábrese un prazo ata o día 10 de febreiro para que as persoas beneficiarias poidan comunicar, se é o caso, a renuncia da solicitude, as alegacións ou emendas de erros. Despois de este prazo, emitirase a resolución definitiva.
REQUISITOS PARA PERCIBIR A AXUDA:
  • Seguir de alta ata o 31 de marzo de 2021, por conta propia ou no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, ou ter rexistrada a empresa, mantendo a mesma forma xurídica anterior ao Estado de Alarma.
  • Non ter débedas, a 31 de marzo de 2021, coa AEAT, a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas.
  • Facer publicidade do financiamento polo Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña, na forma que se indicará na concesión definitiva das axudas.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
  • Realizados desde o 1 de marzo ao 31 de decembro de 2020
  • Material desinfectante e de limpeza, seguros, subministros (auga, luz, electricidade, combustible,... ), mamparas, arrendamentos de locais, vehículos e maquinaria, ...
  • Contas do plan xeral contable: 601, 621, 622, 625, 628
XUSTIFICACIÓN DOS GASTOS:

O procedemento de xustificación de estas axudas será publicado proximamente na web municipal xunto coa concesión definitiva das axudas www.camarinas.net

Máis información: 981 73 60 00, Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas

Descargas relacionadas


© by Abertal