A mocidade camariñán participará no proxecto europeo Ypad xunto coa de outros cinco concellos europeos.
O Concello de Camariñas participa no Proxecto “Xuventude e Desenvolvemento” do programa Europa dos Cidadáns da UE, ”, YPAD . Participarán mozos e mozas de 18 a 25 anos de seis concellos de España, Italia, Suecia e Finlandia.
No proxecto traballarase coñecendo as experiencias dos municipios socios en desemprego, formación, autoemprego, proxectos emprendedores e mellora da comunicación entre os concello e a xuventude.
Os mozos e mozas residentes en Camariñas que desexen participar no proxecto deben solicitar unha entrevista antes do dia 14 de outubro na Axencia de Desenvolvemento Local.
Todos os inscritos participarán nas actividades que se desenvolvan no municipio durante o proxecto.
De entre os candidatos seleccionarase un pequeno grupo de desempregados, empresarios e membros de asociacións que formará a delegación camariñana que viaxará ás catro xuntanzas que se van celebrar de Novembro de 2011 a Xaneiro de 2013. Os gastos destas viaxes corren a cargo do presuposto do proxecto.
Para poder formar parte desta delegación é necesario saber o suficiente inglés como para comunicarse nese idioma con mozas e mozos suecos, fineses e italianos. Por esta razón a entrevista realizarase en inglés.
O programa Europa dos Cidadáns ten como obxectivo desenvolver o sentimento de pertenza e de identidade europea, mellorar o coñecemento mutuo e a tolerancia entre os cidadáns europeos, fomentar o diálogo intercultural e acercar a Unión Europea aos cidadáns.
Para concertar a entrevista o para máis información:
Emilio Gonzalez Axencia de Desenvolvemento Local
Casa de Pedra 981 737 004
egonzalez.desenvolvemento@camarinas.net