O Concello

Departamentos

* Máis de 600 parcelas foron revisadas no 2020 polo servizo de prevención e limpeza de montes de Camariñas 22/01/2021

Máis de 600 parcelas foron revisadas no 2020 polo servizo de prevención e limpeza de montes de Camariñas

  • Nas parcelas que non cumpriron estanse a realizar os expedientes para executar subsidiariamente estas labores.  

O Servicio de Planificación Preventiva e Limpeza de Montes do Concello de Camariñas, subvencionado pola Xunta de Galicia, revisou más de 620 parcelas do municipio no ano 2020. Gran parte destas parcelas foron limpadas polos seus propietarios conforme á obriga da Lei de Prevención de Incendios de Galicia.  

Ata marzo de 2021 o servizo municipal continuará revisando novas zonas e parcelas e tamén realizará o seguimento daquelas faixas que foron notificadas para que se axusten a lei de prevención e defensa contra incendios forestais.  

Nas parcelas sobre as que se efectuou unha comunicación previa que non cumpriron coa xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, estanse a realizar os expedientes que corresponden para executar subsidiariamente estas labores. O Concello de Camariñas iniciou xa as notificacións dos propietarios infractores que deberán en 15 días executar estas obrigas  

Lembrase ademais que o 31 de maio do 2021, como cada ano, os propietarios/as deben ter xestionadas as parcelas ubicadas nas faixas secundarias arredor dos núcleos ou das vivendas illadas. O servizo municipal de planificación preventiva e limpeza de montes está a disposición destes propietarios para asesorar, informar e facilitar a execución desta obriga.  

Parcelas sen xestionar  

Frente ó cumprimento da obriga da meirande parte dos propietarios, algunhas parcelas das faixas notificadas están sen xestionar. Nestes casos, pódese dar a circunstancia de que o propietario non recibiu a comunicación debido a distintos motivos como poden ser o falecemento do propietario, cambio de domicilio, non actualizar os datos no catastro, etc.  

Cando non se consegue notificar por descoñecemento do propietario a parcelas das faixas de xestión da biomasa, tal e como se recolle na instrucción 1/2018 publicada no DOG sobre o cumprimento das obrigas de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas, as notificacións practicaranse directamente mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia, cos datos catastrais do terreo.  

Outro caso que se pode dar e que aínda que se practica a comunicación previa, o/a propietario/a non realiza a xestión. Nestas circunstancias, comézase a tramitación do expediente correspondente que recordará a obriga da xestión nun prazo de 15 días.  

Se unha vez notificados os propietarios se manteñen no incumprimento, levarase a cabo subsidiariamente a limpeza das parcelas por parte da administración, tendo os propietarios que proceder á liquidación dos custes, podéndoselle aplicar a sanción correspondente polo incumprimento.  

Para resolver calquera dúbida ou recibir máis información, poderá concertar co servicio unha cita no edificio da Casa de Pedra en Camariñas, no teléfono 653 276 989 ou mediante o correo electrónico domingo.canosa@camarinas.net.


© by Abertal