Renovación dos elementos de carpintería da Casa de Pedra e unha app de realidade aumentada sobre os naufraxios, traballos do obradoiro de emprego 21/01/2021
Renovación dos elementos de carpintería da Casa de Pedra e unha app de realidade aumentada sobre os naufraxios, traballos do obradoiro de emprego
- Na especialidade de carpintería tamén executarán as obras na fachada de madeira da Biblioteca Municipal, actuación prevista para máis adiante.
O alumnado do programa de emprego ‘Xuventude polo Emprego’ promovido polo Concello de Camariñas xunto aos de Vimianzo e Muxía xa está a traballar a reo. Por unha banda, no módulo de ‘Instalación de elementos de carpintería’ están a efectuar a renovación dos elementos de carpintería da Casa de Pedra e no de ‘Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web’ encárganse de crear unha app móbil de realidade aumentada.
Por unha banda, os alumnos e alumnas da especialidade de carpintería están a traballar na Casa de Pedra, arraxando o chan e vernizando, acabando dous despachos e tamén instalando varios estantes novos. Cando rematen con esta actuación iniciarán obras na fachada de madeira da Biblioteca Municipal.
Polo outro, a directora do programa e monitora da especialidade “Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web” reuniuse co persoal da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas para deseñar a aplicación móbil de realidade aumentada baseada na páxina web
www.rutadelosnaufragios.com. Este traballo permitirá volver a facer visibles nos teléfonos móbiles os 62 barcos que forman parte da ruta, entre eles o Serpent e substituirá a ‘Layar’, antiga app de realidade aumentada que deixou de estar activa tanto para Android como para a plataforma de Apple.