O Concello

Departamentos

* Renovación demanda de emprego 21/01/2021

Renovación demanda de emprego

Lembrade que dende o pasado 1 de xaneiro é obrigatorio que cada persoa renove a súa tarxeta de demanda de emprego na data que lle aparece na dita tarxeta.  A Xunta de Galicia a partir do 31 de decembro de 2020 NON FAI RENOVACIÓN AUTOMÁTICA. 

Non vos despistedes que xa están caendo demandas de emprego de baixa por non facer a renovación en tempo. 

Se alguén non sabe cando lle toca renovar a súa demanda de emprego podedes facer o seguinte para averigualo:

  • Comprobar a data a través da oficina virtual ou da App MOBEM os/as que teñades clave de acceso
  • Sacar un duplicado da tarxeta de demanda no PID (Punto de Información Dixital) coa pegada dixital ou co código PIn que vos enviaron desde a Xunta de Galicia  ao correo electrónico ou ao teléfono móbil. Horario de 9:00 – 14:00 
  • Contactar coa orientadora laboral do concello 


O PID atópase estes días na planta baixa da Casa do Concello xa que a Casa de Pedra está en obras. 

Para contactar coa orientadora laboral:
981736000 – 981737004 - 653260746 (teléfono directo)
ou no mail margarita.seijas@camarinas.net


© by Abertal