O Concello

Departamentos

* Sandra Insua expresa á Subdelegación do Goberno a súa preocupación pola contradición entre os datos oficiais do consumo de drogas e as informacións publicadas 19/01/2021

Sandra Insua expresa á Subdelegación do Goberno a súa preocupación pola contradición entre os datos oficiais do consumo de drogas e as informacións publicadas

  • Ante esta situación a Garda Civil confirmou que reforzará a súa presencia en Camariñas para constatar estes datos.
  • A alcaldesa tamén trasladou a intención do Concello en impulsar, a través de axudas económicas, a reactivación dunha asociación de loita contra a droga como o era ‘Abondou’.
  • Ademais a Garda Civil fará charlas nos centros educativos para concienciar do problema aos máis novos.
  • “En ningún informe previo da Garda Civil e tampouco nos datos que nos trasladaron na reunión que mantivemos en decembro se reflicten os puntos de venta que se fixeron públicos polo que cremos que é necesario que se investigue”, destacou Sandra Insua.  

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, expresoulle hoxe á Subdelegación do Goberno a súa preocupación pola contradición entre os datos oficiais do consumo de drogas no municipio e as informacións publicadas nos últimos días.  

Este sentir fíxose ver nunha reunión telemática que a rexedora mantivo coa subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo e co xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña, o coronal Francisco Javier Jambrina.  

“En ningún informe previo da Garda Civil e tampouco nos datos que nos trasladaron na reunión que mantivemos en decembro se reflicten os puntos de venta que se fixeron públicos ao detalle nos medios de comunicación e que tamén coinciden co sentir do pobo polo que cremos que é necesario que se investigue”, destacou Sandra Insua.  

Ante esta situación a subdelegada do Goberno confirmou que a Garda Civil reforzará a súa presencia en Camariñas para constatar estes datos e, se é así, erradicar os delitos de droga no municipio e acabar cos puntos de tráfico de estupefacientes.

Por outra banda, o Concello comprometeuse a levar a cabo actuacións disuasorias como a instalación de puntos de luz naqueles lugares que se identifiquen como propicios para o tráfico de drogas.  

Reactivación de ‘Abondou’ e charlas nos centros educativos  

Sandra Insua tamén lle trasladou á Subdelegación do Goberno a intención do Concello de estudar as posibilidades para impulsar, cunha subvencióin municipal, a reactivación dunha asociación de loita contra a droga como o era ‘Abondou’, que realizou unha gran labor no municipio antes da súa desaparición no ano 2016.  

“Sería unha gran nova que nos permitiría traballar unidos entre a sociedade, a administración local e as forzas da seguridade xa que este un problema moi complexo no que debemos involucrarnos todos”, comentou a alcaldesa.  

Desde a Garda Civil recoñeceron que este “é unha lacra difícil de erradicar se non se actúa desde a raíz e na solución deben involucrarse todas as administracións” e anunciaron que proximamente organizarán charlas formativas nos centros educativos para concienciar desta lacra aos máis novos.  

Sandra Insua incidiu agradeceu “á subdelegada do Goberno pola predisposición inmediata que ten sempre para atender as nosas demandas e os recursos que pon á disposición de Camariñas”.


© by Abertal