O Concello

Departamentos

* O Sergas realizará un cribado xeral á poboación de entre 18 e 60 anos 18/01/2021

O Sergas realizará un cribado xeral á poboación de entre 18 e 60 anos

  • Os profesionais sanitarios do Sergas realizarán un cribado xeral á poboación de entre 18 e 60 anos do Concello de Camariñas. Citaranse arredor dunhas 1.500 persoas.
  • As probas comezarán a partir do martes, 19 de xaneiro. As cotas médicas de Ponte do Porto e de Camelle terán que desprazarse á Casa da Cultura de Vimianzo para realizar o cribado. No caso da cota de Camariñas, as probas terán lugar no Centro de Saúde de Camariñas.
  • O Sergas citará a todas aquelas persoas incluídas no cribado mediante unha mensaxe SMS. Se algún veciño ou veciña non recibe citación por non figurar o seu número de teléfono no rexistro, realizará a proba ao final.
  • Desde o Concello de Camariñas agradecemos a atención do xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, pola súa disposición e colaboración á hora de tratar a situación epidemiolóxica do municipio.


© by Abertal