O Concello

Departamentos

* Actualización da situación epidemiolóxica - 11/01/2021 12/01/2021

Actualización da situación epidemiolóxica - 11/01/2021

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, púxose hoxe en contacto co xerente do Sergas, Luis Verde, para trasladarlle a preocupación do Concello polo incremento do número de positivos por Coronavirus no municipio nos últimos días.

  • Actualmente hai 62 casos activos.
  • Ante a petición de levar a cabo un cribado xeral o representante do Sergas indicou que é máis efectivo continuar cos cribados sectoriais e tomar as medidas necesarias atendendo aos resultados.
  • Debido a un positivo entre o persoal do CEIP Ponte do Porto farase un cribado dirixido ao profesorado e aos traballadores do comedor e do servizo de limpeza.
  •  Mañá o Comité Clínico da Xunta de Galicia dará a coñecer novas restricións.


© by Abertal