Os Reis Magos entrarán en Galicia polo porto de Camariñas 12/01/2021
Os Reis Magos entrarán en Galicia polo porto de Camariñas
- A cabalgata estará adaptada ao contexto sanitario actual incorporando medidas preventivas.
- As Súas Maxestades de Oriente percorrerán todas as parroquias desde a súa chegada o día 5 de xaneiro ás 11 horas.
Os Reis Magos de Oriente entrarán a Galicia en barco por Camariñas o 5 de xaneiro para repartir regalos e ilusións por todos os fogares. A cabalgata, que arrincará ás 11 horas coa recepción no porto ás Súas Maxestades, percorrerá todas as parroquias ao longo da xornada.
A tradicional cabalgata este ano, por mor das restricións sanitarias, non terá paradas nin se lanzarán caramelos pero percorrerá ás rúas do municipio. Para solucionar isto, últimos días os Reis están enviando ás casas de todos os nenos e nenas de Camariñas unha carta e unha bolsa de gominolas.
Itinerario 11:00H Recepción dos Reis Magos no porto de Camariñas- Rúa Ambrosio Feijoo- Praza da Insuela- Avda. Da Coruña- Praza San Xurxo- Avda. Juan Carlos I- Rúa Estrada do Vilán- Paseo Marítimo.
12:10h Pecaduira- Brañas Verdes- Santa Mariña.
13:30h Arou: Rúa Principal- Rúa de Arriba- Praza da Cerquiña- Rúa da Praia- Rúa de Abaixo- Rúa Principal.
14:30h Camelle: Rúa Principal- Flaire- Paseo Marítimo.
16:30h A Ponte do Porto: Saída Pavillón- Xarás- Rúa Porto- Rúa Curros- Barrosas- Gándara- Travesía Esquipa- Rúa Esquipa- Gándara- Outeiro- Allo.
18:00h Xaviña: Piosa- Tasaraño- Grela- Praza da Grela- Pedrouzo- Gándara- Covadiña- Calle Nova- Cruceiro- Borreiros. Pións- Sixto- Igrexa.
19:00h Camariñas: Agrelo-Cabreira- Pista Mourín-Pións- Millarenga- Cancela (Dia)- Avda. Juan Carlos I- Estrada do Vilán- Castelo- Mirador- Rúa do Medio- Rúa Areal- Rúa Eugenio López- Rúa Virxe do Monte- Avda. Da Coruña- Rúa Constitución- Muíño do Vento- Avda. Da Coruña- Fonte Barreira- Buría- Igrexa de San Xurxo-Area da Vila- Lingunde.