O Concello

Departamentos

* O Concello contrata un servizo de arqueoloxía para constatar que a senda entre Area da Vila e Lingunde non afecta ao castro 12/01/2021

O Concello contrata un servizo de arqueoloxía para constatar que a senda entre Area da Vila e Lingunde non afecta ao castro

  • Este é un proceso fundamental para poder desbloquear o proxecto e que comecen as obras.  

O servizo de arqueoloxía contratado polo Concello de Camariñas supervisou hoxe o inicio dos traballos necesarios para constatar que o proxecto para a construción dunha senda peonil entre as praias de Area da Vila e Lingunde non afecta ao castro de Lingunde.  

Esta actuación, que é un proceso fundamental para poder desbloquear a situación e que comecen as obras, inclúe a limpeza por parte dos operarios municipais do que será o futuro acceso para comprobar que o itinerario proposto non altera natureza do castro.  

Segundo os resultados que dean estes traballos de limpeza proxectaríanse, se fose necesario, outra clase de intervencións arqueolóxicas: catas de sondaxe ou a execución dunha escavación nun área dun tramo puntual.  

O proxecto para continuar o paseo marítimo e unir a pé estes dous areais, que actualmente están separados por un saínte. O concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Sergio Caamaño, destacou que “ademais esta é unha zona pola que transcorre o Camiño dos Faros polo que permitirá mellorar a seguridade dos viandantes”.  

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explicou que “este é un paso importante para o proxecto e agardamos que os resultados sexan positivos para poder comezar canto antes”.


© by Abertal