O Concello

Departamentos

* Rematadas as obras de mellora das transversais á rúa Flaire, en Camelle 21/12/2020

Rematadas as obras de mellora das transversais á rúa Flaire, en Camelle

  • A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes, acudiron ao acto de recepción dos traballos.  
  • A actuación tivo un orzamento de 32.764,45 euros, financiados a través do Plan Único.    

O Concello de Camariñas rematou as obras de mellora das transversais á rúa Flaire, en Camelle, que contaron cun orzamento total de 32.764,45 euros. A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira Begoña Tajes acudiron ao acto de recepción das mesmas.  

Os traballos incluíron a mellora do pavimento das rúas. Renovouse ademais a rede de saneamento, construíuse unha nova rede de pluviais, e tamén novas acometidas de saneamento, pluviais e abastecemento de auga.  

Dentro deste proxecto, financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña, levouse a cabo a urbanización das rúas anteriormente mencionadas, co obxectivo aumentar a seguridade dos peóns e acondicionala para persoas con mobilidade reducida.


© by Abertal